Paisaxes, Endroidos e Romarias

1997

Introducción

Camilo Franco

 PAISAXES, ENTROIDOS E ROMARIAS
(Festas pagás e Festas Relixiosas)
CAMILO FRANCO
   
Rumores de festa, aires de polainas limpas e panas novas que contrastan o verdor dos carreiros. Están os días iluminados polo brillo do dolce far niente, polar promesas de mesas cheas e da solidariedad indolente. Son días desas estrañas devocións que andan a medio camino entre a indulxencia plenaria romana e os máis  recónditos cultos da paisaxe. O ruído da festa travístese en cor recortadas contra o severo negro como os días de romaría se recortan no calendario contra cada xornada laboral da semana.
O vento paseo suavemente entre as árbores para mover os pendóns e hai sempre una lixeira distancia entre os propósitos dos primeiros e dos últimos, entre o desexo de conducir e o de ser conducidos. Son grupos que se recortan contra a paisaxe e son actividades que semellan recortarse contra a historia, pero tamén contra o presente.
Baldomero Moreiras acepta tamén esa idea de que as paisaxes e as xentes forman parte dunha imaxe recortable, case como aqueles vellos xoguetes que pretendía reconstruir imaxes ideais. Moreiras utiliza tamén a técnica do recorte e non parece que sexa una ironía contra os tempos que corren. Os tempos son os que progresivamente arrinconan algunas das imaxes que o pintor recupera agora para facer unha sorte de reportaxe visual do tradicional, en certo sentido, do atávico. Decir que son os tempos forma parte da disculpa aceptada, da confusión da linguaxe para non ter que nos acusar: somos nós quen  arrincona progresivamente esas imaxes.
Hai dúas prespectivas para a presente obra de Baldomero Moreiras. Unha delas permitira-nos aproximarnos a ese aire que semrpe parece soplar dende o pasado: pensamos moitas veces que cando Unha tradición desaparece, perdemos un costume. Esquecemos que ó tempo tamén perdemos a imaxe, perdemos o impacto visual e a pintura real deses cadros que o periodismo antigo denominaba coloristas. Perdemos a impresión na retina-en palabras de literato influído polo modernismo- e quen valorar se esta perda estética non é tan grave, tan irreparable como calquera outra das que preocupan ós etnógrafos.
A outra mirada podería esquecer os motivos do pintor para pintar o que pinta, esquecer os rituais, oas extravíos e os camiños que rodean a cada ermita, as máscaras e a cada vez máis estendida perspectiva turística de cada una das festas, podería  esquecer eso que os cineastas chamaríam argumento para concentrarse no contraste intenso da cor e na limpeza con que cada parcela se recorta contra o fondo. Seguramente hai alguna perversión literaria nese pequeño cambio de acompañamento que propón Baldomero Moreiras. En certo sentido, o pintor deixa de lado una lectura que procede da mítica pictória, a saber: a tela é um espacio en branco que a imaxinación ou a man do pintor van converter noutra cousa, eliminando ese punto de partida que, irónicamente, chamaremos virxinal. Moreiras elimina esa interpretación porque prefire os fondos negros, prefire a tea negra a acaso una cuestión que podería parecer adxectiva acaba por ser fundamental porque modifica a estratexia do ollo enfrontado á cor.
En certo sentido, habería que afirmar que Moreiras desbota esa mala fama que acompaña ó negro, elimina o aspecto negativo porque sobre el representa (aínda que o verbo representar resulte sempre sospeitoso aplicado á arte, Terán que me conceder a licencia) a festa, a paisaxe. A transformación do fondo vai acompañada por ese aire de pintura xeométrica que os cadros de Baldomero Moreiras adquiren da concienzuda delimitación que o pintor realiza. O artista aplica neste caso a disciplina esquematizando a imaxe pero tamén resaltando a acción da cor, intensa por outro lado. Os intersticios negros convertense en pequenos espacios de fuga, o contrapunto  que subliña a viveza.
Non, hai, polo tanto, que estrañarse desa parábola que Moreiras realiza na súa obra Última: Xoga coa semántica da cor e xoga tamén a combinar as condicións nas que se pronuncia ese idioma. O alfabeto cromático de Baldomero Moreiras vai recortando contra o negro, pero non haberá que facerse moitas veces esta pregunta: ¿por que non se van recortar as cores contra o negro como se recortan na memoria os días festivos contra os laborables, duplicando así a intención de cada obra? ¿Por que non ía ser así cando o tópico verde da paisaxe do país se deixa ver en contraste co negro que deixa o lume tras de sí?. Finalmente pode ser esto cinema verite, outra forma de recoller os signos destes tempos.
Nas cores de Moreiras andan, igualmente prendidos certos ecos que parecen non querer abandonar a infancia. A imaxe pode ser polo demais literaria, pero non se pode esquivar o prolongado sonido das bandas de música sobre as orellas dos rapaces. Na mostra hai un camino que funciona como unha crónica que nos pasease por eses solares máxicos do costume convertido en cultura. Asomado a cada cadro, o espectador parece estar a punto de chegar ó rebumbio, de mergullarse nel  como se non restase outra cousa que facer. Así asomado, parece que hai voces que o espertan do andar, reclamándoo porque, ó lonxe, a voz do amigo resoa ceibe na bauda carballeira.
 
Camilo Franco
Escritor y Xornalista 
 

Exposición