Biografía

Baldomero Moreiras

Baldomeiro Moreiras

Nace en Celanova o 29 de xaneiro de 1955

1970-73

Estuda Artes e Oficios en Ourense e o Bacharelato Superior. Alumno de Xaquín Lorenzo (Xocas) e Luís López Cid.

1973-75

Estuda a técnica de gravado na Escola de Artes e Oficios nº 2 de Madrid, alumno do gravador granadino Hernández Quero. Diplomado no 1º e 2º Campo Internacional de Música e Pintura en Mijas, Málaga, sendo alumno de J. Disdier.

1981-1985

Colabora como profesor voluntario co Colexio Especial de Formación Agraria de Vilanova dos Infantes, Ourense, cursos 80-81 e 81-82.

Queda rexistrado na Gran Enciclpedia de Galicia e na Guía Cultural de Galicia.

Realiza a cerámica paara a homenaxe ao cineasta Carlos Velo.

En 1982 emigra a Italia e traslada a súa residencia a Roma onde se ve obrigado a vender as súas acuarelas na Praza Navona.

Nos cursos 83-84 e 84-85 é contratado para dar clases de cerámica pola Galería San Calisto de Roma, propiedade do coleccionista de arte Paolo Casasa e especialista na obra cerámica de Mario Iudici.

1975-1980

Participa na restauración do emblemático local Tucho-Volter, realizando in situ un mural abstracto.

Realiza o debuxo para a conmemoración do milenario de San Rosendo que edita Sargadelos.

Gaña o 1º Premio de debuxo Concello de Melilla.

Ilustra o nº 10 da revista Follas Secas.

Realiza un mural de cerámica para a comunidade de veciños da rúa Progreso nº 125, Ourense.

1981-1985

Contratado polo INEM para impartir cursos de iniciación á cerámina no Centro Sta. María de Europa, Ourense.

Contratado polo INEM como profesor de plástica para a Escola-Obradoiro Auria de Ourense.

Participa na restauración do Salón Nobre do Liceo Recreo Ourensán.

Realiza a decoración do pub Sarimboga de Celanova, do pub Colors de Ourense, do pub La Terraza de Ourense, da discoteca Mister J. de Celanova, do pub Sal-salsa de Ourense.

1991-1995

Profesor de Plástica na Escola-Obradoiro Auria de Ourense 1991-1992, rematando o ciclo de tres anos.

Realiza o cartel das Festas de San Roque de Celanova e o cartel das Festas da Ramallosa de Celanova.

Ilustra o nº 2 da revista Magazine.

2004-2007

O grupo Radio Club Nora de Coimbra edita un CD coa súa obra na carátula.

Ilusta o conto de J. B. Reza na revista cultural Lethes nº 5.

Ilustra o artigo de M. Peña Rey dedicado a A. Tovar na revista cultural Lethes nº 5.

Ilustra os contos de Manuel Seoane na revista cultural Lethes nº 8.

Ilustra o libro Palabras da Montaña, A. Editores, os contos de M. Ferrín, Yolanda Castaño, Chesi, Xosé Lois Rúa, Marica Campos, entre outros, Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia.

Colaboura no libro Volverlles a Palabra, homenaxe ós Represaliados do Franquismo, Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Colabora na revista cultural Arraianos nº IV 2005.

2001-2003

Ilustra o libro de A. López Castro En el límite da la Escritura, Poesía última de J. A. Valente, A. Editores, Ourense, 2002.

2010

Participa no anuario de 100 Artistas Contemporáneos Internacionales, editado polo Museo de las Américas, Doral, Los Ángeles (EEUU).

2011-12

Deseño do cartel O Espantallo, para recuperar o Camiño de Inverno de Santiago de Compostela. Asociación Amigos del Camino de Invierno, Ponferrada.

2014

Deseño do cartel das Festas de Ourense 2014.

Organiza e comisaria a exposición 25 Artistas, Pintura, Escultura e Fotografía, para conmemorar o XXV Ciclo de Órgano de Música Antiga, Colexiata de Xunqueira de Ambía.

Deseño do logotipo do 250 aniversario do nacemento do Pai Feijóo, por encarga do xornal La Región.

Deseño do logotipo para a empresa de corte e confección Muradanas, Madrid.

Obra gráfica para a promoción institucional da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.

2015

Deseño do cartel das Festas de Ourense 2015.

Obra gráfica para a promoción institucional da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo.

2016

Realiza unha ducia de carteis para distintos concursos e eventos, entre eles o cartel conmemorativo do Día da República.

Gaña o primeiro premio do concurso de carteis Festa da Historia de Ribadavia.

Instálase na vella sacristía da igrexa do mosteiro de Celanova a obra doada polo autor á parroquia de Celanova titulada «San Rosendo a cabalo» (gran formato).

2017

Realiza a obra gráfica para a promoción institucional da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Universidade de Vigo.

Gaña o primeiro premio do concurso de carteis de Arbo, Festa da lamprea seca 2017.

Participa na Bienal Internacional de Cartelismo Terras Gauda 2017.

2018

Realiza el cartel de la «XV Carreira Nocturna de Celanova».

Realiza los mini-cuadros-obsequio que la asociación cultural «Un Rato No Tubo» entrega a los socios honoríficos.

Donación del autor al Ayuntamiento de Celanova del cuadro titulado «Venus de Vilanova» acrílico sobre lona negra de 1994. Obra que se cuelga en la misma torre de Vilanova .

Gran exposición individual: «El Eco de las Amazonas» (retablo-pavana para una mujer oculta). Esferas Polícromadas. Sala J.A.Valente, Ayuntamiento de Ourense.

2019

Realiza el cartel de los Amigos de la República de Ourense.

Gran exposición individual: «El Eco de las Amazonas» (retablo-pavana para una mujer oculta). Esferas Polícromadas. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.

Baldomero Moreiras